BLOG DAS BOLBORETAS
Blog do 1º ciclo de Primaria do C.R.A. AMENCER de Ribadavia
domingo, 7 de abril de 2013
GLOGSTER: ABRIL, MES DOS LIBROS
Bueno, aquí vos deixo o meu glogster sobre o mes dos libros. Espero que vos guste. A verdade é que me deu moito traballo. É a primeira vez que utilizo esta ferramenta, pero está moi ben.
martes, 2 de abril de 2013
VIDEOPOEMA "PARECE UNHA ROSA" DE ROSALÍA DE CASTRO
Aquí tendes o meu videopoema para os máis cativos.
PARECE UNHA ROSA on PhotoPeach
Esta é a versión coa voz dos nenos, pero sin música de fondo:
PARECE UNHA ROSA on PhotoPeach
Esta é a versión coa voz dos nenos, pero sin música de fondo:
domingo, 10 de marzo de 2013
GATO GUILLE
Esta é a presentación que fixen do conto "O gato Guille e os monstros"da editorial Kalandraka para os meus alumn@s de 1º ciclo.
sábado, 9 de marzo de 2013
EDUCACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS
Saber escribir e ler xa non significa hoxe ser unha persoa alfabetizada. As citadas habilidades, aínda que seguen constituíndo aa base, non son suficientes para acceder a toda a información que hoxe circula por Internet. Hai que ampliar o aprendizaxe de respostas e de contidos dos modelos educativos tradicionais. Non se trata xa de transmitir so uns datos predeterminados para que o alumno os reproduzca, senón de ensinar a aprender ao longo de toda a vida e, para iso, de transmitir capacida-
des ou habilidades que permitan adaptarse a unha sociedade en constante evolución.
A chegada das TIC ao mundo da educación abriu moitas portas e por iso o esquema tradicional do mestre que ensina e o alumno que aprende ou reproduce o que lle ensinou o mestre non é suficiente.
O seguinte video está basado na Motivación dunha clase, para invitar aos alumnos a localizar e describir América e algúns accidentes xeográficos no Google Earth.
Tamén podedes ver a seguinte presentacion "Un uso didáctico dos recursos de Internet" de Pedro Cuesta, onde atoparedes todo tipo de recursos que temos a nosa disposición.
As fontes utilizadas foron as seguintes:
- "Las nuevas tecnologías en la educación" de Rocío Martin-Laborda, publicado en Cuadernos/Sociedad de la Información 5.
- Banco de imaxes do ITE
- Video "Motivación para el inicio de una clase" de Youtube.
- Presentacion en slideshare "Uso didáctico de los recursos de Internet" de Pedro Cuesta Morales (Universidade de Vigo).

jueves, 28 de febrero de 2013
PRESENTACIÓN DO BLOG DAS BOLBORETAS
Aquí tendes o Blog das Bolboretas, o blog das aulas do 1º ciclo de Primaria do Colexio Rural Agrupado Amencer de Ribadavia (Ourense).
Esperamos aprender moito neste curso para poder ensinarlle aos nosos pequerrechos todo o relacionado coas NNTT.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)