Saber escribir e ler xa non significa hoxe ser unha persoa alfabetizada. As citadas habilidades, aínda que seguen constituíndo aa base, non son suficientes para acceder a toda a información que hoxe circula por Internet. Hai que ampliar o aprendizaxe de respostas e de contidos dos modelos educativos tradicionais. Non se trata xa de transmitir so uns datos predeterminados para que o alumno os reproduzca, senón de ensinar a aprender ao longo de toda a vida e, para iso, de transmitir capacida-
des ou habilidades que permitan adaptarse a unha sociedade en constante evolución.
A chegada das TIC ao mundo da educación abriu moitas portas e por iso o esquema tradicional do mestre que ensina e o alumno que aprende ou reproduce o que lle ensinou o mestre non é suficiente.
O seguinte video está basado na Motivación dunha clase, para invitar aos alumnos a localizar e describir América e algúns accidentes xeográficos no Google Earth.
Tamén podedes ver a seguinte presentacion "Un uso didáctico dos recursos de Internet" de Pedro Cuesta, onde atoparedes todo tipo de recursos que temos a nosa disposición.
As fontes utilizadas foron as seguintes:
- "Las nuevas tecnologías en la educación" de Rocío Martin-Laborda, publicado en Cuadernos/Sociedad de la Información 5.
- Banco de imaxes do ITE
- Video "Motivación para el inicio de una clase" de Youtube.
- Presentacion en slideshare "Uso didáctico de los recursos de Internet" de Pedro Cuesta Morales (Universidade de Vigo).

No hay comentarios:
Publicar un comentario